O vindeiro sábado día 27, aproveitando que se celebran as festas patronais na Estrada, celebraremos un encontro de loitas.
Pola tarde comezaremos cun torneo de karate no que se enfrontarán participantes de Palencia e galegos. Ao remate do torneo teremos demostracións de loitas autóctonas. Contaremos coa presencia de alucheros (Cantabria), loitadores leoneses, parellas de loita libre olímpica e grecorromana e, por suposto, parellas de loita tradicional galega.
A actividade desenvolverase diante do concello e contamos coa colaboración da Federación Galega de Loita, da Asociación Europea de Karate Profesional (E.P.K.A.) e do Concello da Estrada.
Arquivado en: exhibicións,Outras loitas Etiquetado: | exhibicións


a ver si poco a poco se va recuperando una de las luchas perdidas, y la gente le coge afición. Sin los aficionados los deportes no cogen auge.
Moitas grazas polos ánimos. Entre todos podemos, pero é unha tarefa lenta.