Lembrando a Rosalía

Ven de celebrarse o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, sen lugar a dúbidas unha figura imprescindible na historia da literatura galega e principal impulsora do Rexurdimento galego. É interesante recordar a Rosalía e ao seu papel como difusora da cultura galega e en particular como cronista das nosas tradicións, con varias referencias [...]

Diverdesa 2010

Pois si, xa rematou o Diverdesa 2010. Durante o sábado e o domingo estivemos todos na praia fluvial do río Liñares, na Estrada, gozando con demostracións deportivas, talleres, xogos tradicionais, inchables, festa da espuma e moito máis. Dous días que nos parece que marcan un antes e un despois no mundo deportivo da Estrada. En [...]

No 125 cabodano de Rosalía de Castro

Hoxe 15 de xullo cúmprense 125 anos da morte de Rosalía de Castro. Así como dende outros foros se organizan actos en conmemoración, tamén dende aquí nos gustaría ter un momento de lembranza coa nosa máxima poeta. E para acordarnos de Rosalía, que mellor maneira que con algún dos seus versos. Un poema ao que [...]

DiverDeSa 2010

O concello da Estrada xunto co club de Loitas Tradicionais A Cambadela veñen de presentar o que agardamos que sexa o acontecemento deportivo do verán. Durante os días 10 e 11 de xullo celebrarase na praia fluvial do río Liñares DiverDeSa 2010 (Diversión Deporte e Saúde), macroxuntanza deportivo-cultural na que se contará, entre outras cousas,  [...]

Ourense co Senegal

O Senegal independizouse de Francia alá polo ano 1960, despois de máis de cen anos de colonización. Isto significa que este 2010 fai 50 anos que existe como país. Co gallo deste acontecemento os senegaleses que viven en Ourense veñen de organizar ao longo deste mes de abril unha serie de actividades  conmemorativas que incluíron [...]

Dinamizadores rurais

O pasado sábado día 21 estivemos na Capela. É curioso, xa que o núcleo no que está o concello, As Neves, non ten o mesmo nome que o propio concello. Pero non estamos aquí para falar de xeografía. A razón pola que nos desprazamos á Capela foi para asistir a unha xuntanza de dinamizadores rurais [...]

Presentación unidade didáctica e manual de loita

Onte martes día 26 de maio tivo lugar no concello da Estrada a presentación da unidade didáctica A loita dos nosos antergos: Unha proposta didáctica xunto co primeiro Manual práctico de Loita Tradicional Galega. O material foi presentado polo presidente do club, Moisés Iglesias, xunto co Director Técnico, Severino Gómez. Contamos así mesmo coas palabras [...]

Presentación do Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Tradicionais

Coa presenza da conselleira Ánxela Bugallo e a directora xeral Marta Souto, a Consellería de Cultura e Deporte presentou o pasado 8 de febreiro o Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Tradicionais. En realidade o plan aínda está por facer e o encontro era máis ben para mostrarnos o traballo que se veu realizando tanto [...]

A Cambadela, na Gala do Deporte 2008

O pasado venres 28 de novembro algúns membros do club A Cambadela estivemos presentes na gala de entrega dos premios nacionais do deporte en Pontevedra.  A verdade é que, a pesares da profesionalidade de Carlos Blanco (o mestre de cerimonias) e de que as autoridades non se alongaron cos seus discursos, a gala fíxose un [...]

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.