Fotos Diverdesa 2011

Xa temos fotos do Diverdesa 2011. Despois de tomarnos un respiro durante o verán, xa estamos aquí de novo para informarvos das actividades que se vaian realizando e das novas relacionadas coa Loita Tradicional Galega. Aquí tedes unha selección de fotos, moitas máis no seguinte álbum de fotos.  

Diverdesa 2010

Pois si, xa rematou o Diverdesa 2010. Durante o sábado e o domingo estivemos todos na praia fluvial do río Liñares, na Estrada, gozando con demostracións deportivas, talleres, xogos tradicionais, inchables, festa da espuma e moito máis. Dous días que nos parece que marcan un antes e un despois no mundo deportivo da Estrada. En [...]

Un día para o Diverdesa 2010

Como xa vos dixemos fai un tempo, esta fin de semana terá lugar o Diverdesa 2010, na praia fluvial do río Liñares, na Estrada. Todo está preparado para este macro-acontecemento deportivo-cultural. Teremos de todo como podedes ver na súa páxina web, un montón de disciplinas deportivas farán demostracións, exhibicións e haberá competicións dalgunhas outras. Para [...]

Enredos Bandeira

A Loita Tradicional Galega desprazouse o pasado sábado día 13 de xuño á Bandeira para festexar a segunda edición de “Enredos”, encontro de xogo e deporte tradicional promocionado polo equipo de normalización lingüística do CEIP da localidade. Afortunadamente a choiva deu unha tregua despois dunha semana pasada por auga e os asistentes á xornada puideron [...]

V Encontro escolar de xogos tradicionais

O sábado pasado estivemos en Lugo, no magnífico entorno do pazo de feiras e congresos, onde tivo lugar o V encontro escolar de xogos tradicionais. Segundo nos contan os organizadores, contouse coa participación de máis de 500 escolares de 13 centros de ensino de distintos puntos do país, o que é unha clara mostra do [...]

DiverDeSa 2010

O concello da Estrada xunto co club de Loitas Tradicionais A Cambadela veñen de presentar o que agardamos que sexa o acontecemento deportivo do verán. Durante os días 10 e 11 de xullo celebrarase na praia fluvial do río Liñares DiverDeSa 2010 (Diversión Deporte e Saúde), macroxuntanza deportivo-cultural na que se contará, entre outras cousas,  [...]

Santalla 2009

Por terceiro ano consecutivo, o pasado sábado 29 de agosto tivo lugar a Mostra de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais de Santalla, no concello da Pontenova. A parte do magnífico entorno no que se desenvolve, no medio de fermosos vales e paisaxes montañosos, dende logo o que máis mérito ten é a capacidade de [...]

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.