Fotos Diverdesa 2011

Xa temos fotos do Diverdesa 2011. Despois de tomarnos un respiro durante o verán, xa estamos aquí de novo para informarvos das actividades que se vaian realizando e das novas relacionadas coa Loita Tradicional Galega. Aquí tedes unha selección de fotos, moitas máis no seguinte álbum de fotos.  

Na malla de Castro de Rei

Unha das operacións máis tradicionais dentro dos traballos agrarios é sen dúbida a malla e todo o que leva asociado. O trigo era un dos cereais máis importantes para o labrego galego, sobre todo naquelas zonas nas que había máis cultura de trigo que de millo, e os labores asociados a el facíanse habitualmente de [...]

Diverdesa 2010

Pois si, xa rematou o Diverdesa 2010. Durante o sábado e o domingo estivemos todos na praia fluvial do río Liñares, na Estrada, gozando con demostracións deportivas, talleres, xogos tradicionais, inchables, festa da espuma e moito máis. Dous días que nos parece que marcan un antes e un despois no mundo deportivo da Estrada. En [...]

Un día para o Diverdesa 2010

Como xa vos dixemos fai un tempo, esta fin de semana terá lugar o Diverdesa 2010, na praia fluvial do río Liñares, na Estrada. Todo está preparado para este macro-acontecemento deportivo-cultural. Teremos de todo como podedes ver na súa páxina web, un montón de disciplinas deportivas farán demostracións, exhibicións e haberá competicións dalgunhas outras. Para [...]

Enredos Bandeira

A Loita Tradicional Galega desprazouse o pasado sábado día 13 de xuño á Bandeira para festexar a segunda edición de “Enredos”, encontro de xogo e deporte tradicional promocionado polo equipo de normalización lingüística do CEIP da localidade. Afortunadamente a choiva deu unha tregua despois dunha semana pasada por auga e os asistentes á xornada puideron [...]

V Encontro escolar de xogos tradicionais

O sábado pasado estivemos en Lugo, no magnífico entorno do pazo de feiras e congresos, onde tivo lugar o V encontro escolar de xogos tradicionais. Segundo nos contan os organizadores, contouse coa participación de máis de 500 escolares de 13 centros de ensino de distintos puntos do país, o que é unha clara mostra do [...]

DiverDeSa 2010

O concello da Estrada xunto co club de Loitas Tradicionais A Cambadela veñen de presentar o que agardamos que sexa o acontecemento deportivo do verán. Durante os días 10 e 11 de xullo celebrarase na praia fluvial do río Liñares DiverDeSa 2010 (Diversión Deporte e Saúde), macroxuntanza deportivo-cultural na que se contará, entre outras cousas,  [...]

Ourense co Senegal

O Senegal independizouse de Francia alá polo ano 1960, despois de máis de cen anos de colonización. Isto significa que este 2010 fai 50 anos que existe como país. Co gallo deste acontecemento os senegaleses que viven en Ourense veñen de organizar ao longo deste mes de abril unha serie de actividades  conmemorativas que incluíron [...]

Feira Franca en Pontevedra

Segundo podemos ler na súa páxina web a Feira Franca de Pontevedra naceu con dous obxectivos, por un lado “recuperar a memoria dun dos tempos de maior puxanza e prosperidade da cidade” e por outro lado “promover a implicación activa da cidadanía”. Non sabemos se cumpriron o primeiro obxectivo pero dende logo o segundo obxectivo [...]

Santalla 2009

Por terceiro ano consecutivo, o pasado sábado 29 de agosto tivo lugar a Mostra de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais de Santalla, no concello da Pontenova. A parte do magnífico entorno no que se desenvolve, no medio de fermosos vales e paisaxes montañosos, dende logo o que máis mérito ten é a capacidade de [...]

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.