Fotos Diverdesa 2011

Xa temos fotos do Diverdesa 2011. Despois de tomarnos un respiro durante o verán, xa estamos aquí de novo para informarvos das actividades que se vaian realizando e das novas relacionadas coa Loita Tradicional Galega. Aquí tedes unha selección de fotos, moitas máis no seguinte álbum de fotos.  

Encontro de loitas en León

A comunidade de Castela e León está inmersa agora nas celebracións do 1100 aniversario do Reino de León. Con ese gallo teñen multitude de actividades: Exposicións, música, conferencias, actividades audiovisuais, recitais, etc. No que a nós nos atinxe, e dentro destas celebracións, tivo lugar na primeira fin de semana deste mes de outubro un encontro [...]

Diverdesa 2010

Pois si, xa rematou o Diverdesa 2010. Durante o sábado e o domingo estivemos todos na praia fluvial do río Liñares, na Estrada, gozando con demostracións deportivas, talleres, xogos tradicionais, inchables, festa da espuma e moito máis. Dous días que nos parece que marcan un antes e un despois no mundo deportivo da Estrada. En [...]

Un día para o Diverdesa 2010

Como xa vos dixemos fai un tempo, esta fin de semana terá lugar o Diverdesa 2010, na praia fluvial do río Liñares, na Estrada. Todo está preparado para este macro-acontecemento deportivo-cultural. Teremos de todo como podedes ver na súa páxina web, un montón de disciplinas deportivas farán demostracións, exhibicións e haberá competicións dalgunhas outras. Para [...]

DiverDeSa 2010

O concello da Estrada xunto co club de Loitas Tradicionais A Cambadela veñen de presentar o que agardamos que sexa o acontecemento deportivo do verán. Durante os días 10 e 11 de xullo celebrarase na praia fluvial do río Liñares DiverDeSa 2010 (Diversión Deporte e Saúde), macroxuntanza deportivo-cultural na que se contará, entre outras cousas,  [...]

Ourense co Senegal

O Senegal independizouse de Francia alá polo ano 1960, despois de máis de cen anos de colonización. Isto significa que este 2010 fai 50 anos que existe como país. Co gallo deste acontecemento os senegaleses que viven en Ourense veñen de organizar ao longo deste mes de abril unha serie de actividades  conmemorativas que incluíron [...]

Promoción da loita en Vigo

A Federación Galega de Loita e o Club A Cambadela, coa colaboración do concello de Vigo, veñen de desenvolver unhas xornadas de promoción da Loita en varios colexios de Vigo. A actividade consistíu en mañás didácticas nos propios colexios onde se realizaron sesións lúdicas de introdución ás loitas, centradas principalmente na Loita Tradicional Galega. Desta [...]

Aranda de Duero

Esta fin de semana pasada viaxamos a Aranda de Duero, a un encontro internacional de xogos e deportes tradicionais. O acontecemento estivo organizado pola Asociación Cultural La Tanguilla, e foi a culminación dunha serie de actividades enfocadas á promoción do xogo e deporte tradicional, entre as que destacou a celebración dun congreso mundial de xogos [...]

Encontro de loitas

O sábado pasado foi un día grande para a Loita Tradicional Galega xa que tivo lugar o primeiro torneo de Loita da era moderna. En realidade, como diciamos na anterior entrada, houbo moitas máis cousas interesantes. O encontro contou con actividades variadas. Por un lado celebrouse un torneo de karate no que participaron nenos tanto [...]

Encontro de loitas na Estrada

O vindeiro sábado día 27, aproveitando que se celebran as festas patronais na Estrada, celebraremos un encontro de loitas. Pola tarde comezaremos cun torneo de karate no que se enfrontarán participantes de Palencia e galegos. Ao remate do torneo teremos demostracións de loitas autóctonas. Contaremos coa presencia de alucheros (Cantabria), loitadores leoneses, parellas de loita [...]

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.