Encontro de loitas en León

A comunidade de Castela e León está inmersa agora nas celebracións do 1100 aniversario do Reino de León. Con ese gallo teñen multitude de actividades: Exposicións, música, conferencias, actividades audiovisuais, recitais, etc. No que a nós nos atinxe, e dentro destas celebracións, tivo lugar na primeira fin de semana deste mes de outubro un encontro [...]

DiverDeSa 2010

O concello da Estrada xunto co club de Loitas Tradicionais A Cambadela veñen de presentar o que agardamos que sexa o acontecemento deportivo do verán. Durante os días 10 e 11 de xullo celebrarase na praia fluvial do río Liñares DiverDeSa 2010 (Diversión Deporte e Saúde), macroxuntanza deportivo-cultural na que se contará, entre outras cousas,  [...]

Encontro de loitas

O sábado pasado foi un día grande para a Loita Tradicional Galega xa que tivo lugar o primeiro torneo de Loita da era moderna. En realidade, como diciamos na anterior entrada, houbo moitas máis cousas interesantes. O encontro contou con actividades variadas. Por un lado celebrouse un torneo de karate no que participaron nenos tanto [...]

Xuntanza de loitas autóctonas en Cantabria

Esta fin de semana estivemos en Torrelavega, en Cantabria. Foron unhas xornadas de encontro con outras loitas autóctonas e tamén de competición. A “Federación Cántabra de Juegos y Deportes Tradicionales”, presidida por Rodolfo do Alto,  organizou un torneo internacional de loitas autóctonas o domingo 28 pola tarde e, para completar o acto, o luns 29 [...]

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.