A Cambadela, na Gala do Deporte 2008

O pasado venres 28 de novembro algúns membros do club A Cambadela estivemos presentes na gala de entrega dos premios nacionais do deporte en Pontevedra.  A verdade é que, a pesares da profesionalidade de Carlos Blanco (o mestre de cerimonias) e de que as autoridades non se alongaron cos seus discursos, a gala fíxose un pouco pesada.

A butaca non era moi cómoda!

A butaca non era moi cómoda!

Pero non imos a queixarnos aquí. Máis ben ao contrario, foi un día de festa para o deporte galego. Como moi ben dicía o presentador, somos unha potencia, non só polos fantásticos resultados obtidos nos pasados xogos olímpicos senón tamén pola inmensa cantidade de clubs que están a traballar no deporte de base e formar os futuros practicantes.

No apartado de mellor iniciativa en deporte tradicional levou o premio a organización da II mostra de xogos e deportes tradicionais, realizado a finais de agosto e na que houbo representación de actividades tradicionais de Galicia, Portugal, Euskadi, Asturias e Castela-León. A Loita Tradicional Galega tamén estivo naquela mostra, onde o club fixo unha demostración técnica.

O equipo organizador da II mostra de xogos e deportes tradicionais recollendo o premio

O equipo organizador da II mostra de xogos e deportes tradicionais recollendo o premio

Advertisements