Aulas deportivas

Este é o terceiro ano que se leva a cabo o proxecto Deporte na Escola da Consellería de Cultura e Deporte. O principal obxectivo deste proxecto é achegar aos nenos e nenas á práctica deportiva sen darlle un enfoque competitivo. O programa comeza en idades moi temperás, aos seis anos, e chega ata a adolescencia, este ano ata alumnado de 3º e 4º da E.S.O.

Este ano, por primeira vez, incorporouse a Loita Tradicional Galega a este programa, na modalidade de Aulas Deportivas. Isto consiste en sesións durante unha mañá nas que se fai unha introdución á Loita Tradicional Galega buscando que o alumnado desfrute da súa vertiente lúdica, ao tempo que se dá a coñecer e se ensinan as súas bases.

Ata o de agora desenvolvéronse tres aulas deportivas, unha na Coruña, dúas no concello de Coles e unha na Estrada. Os colexios participantes foron:

Agardamos poder repetir algunhas destas aulas, así como realizar outras novas, algunhas das cales xa están previstas para as próximas semanas.

A verdade é que traballar con nenos destas idades (dende 5º de primaria ata 3º de E.S.O. ata o momento) nunha actividade cun enfoque basicamente lúdico e especialmente dirixida a estes cursos está sendo para nós sumamente gratificante.

Esperamos que iniciativas deste tipo se manteñan no futuro para promocionar o noso deporte entre a xente máis nova, que son os que máis o desfrutan e os que van a representan a práctica deportiva do futuro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: