Feira Franca en Pontevedra

Segundo podemos ler na súa páxina web a Feira Franca de Pontevedra naceu con dous obxectivos, por un lado “recuperar a memoria dun dos tempos de maior puxanza e prosperidade da cidade” e por outro lado “promover a implicación activa da cidadanía”. Non sabemos se cumpriron o primeiro obxectivo pero dende logo o segundo obxectivo está máis que logrado.

feira-franca2

O primeiro fin de semana de setembro estivemos facendo unha demostración durante a Feira Franca en Pontevedra e certamente o que máis nos impresionou foi a gran cantidade de xente que había, unha boa parte dela con traxe de época, e o entusiasmo e a ledicia coa que a xente parecía vivir esta festa medieval.

feira-franca1

Xa van dez edicións e semella que cada vez vai a máis. Por suposto está xa completamente consolidade e está claro que se trata dunha das festas de época máis importante de todas as que se celebran ao longo da xeografía galega. Parabéns aos organizadores!

Advertisements

Santalla 2009

Por terceiro ano consecutivo, o pasado sábado 29 de agosto tivo lugar a Mostra de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais de Santalla, no concello da Pontenova.

A parte do magnífico entorno no que se desenvolve, no medio de fermosos vales e paisaxes montañosos, dende logo o que máis mérito ten é a capacidade de organización e de mobilización dos veciños de Santalla. Non é nada sinxelo xuntar e organizar a máis de 20 entidades con máis de 150 xogadores. Demostracións, torneos, música, con preto de 70 xogos e deportes populares e tradicionais, todo isto ao longo dun día intenso e que xa non se poderá esquecer.

p1010894

Chave

Cortadores de troncos da asociación 6 conceyos de Asturias

Cortadores de troncos da asociación 6 conceyos de Asturias

Pola nosa parte, o club fixo dúas exhibicións de Loita Tradicional Galega. Pola mañá mostráronse os xeitos máis tradicionais de loitar, coas diversas variantes que había ao longo da xeografía galega . Xa pola tarde mostrouse a loita tal e como se concibe hoxe en día, con exhibicións técnicas e de combate. Para rematar, taller para que puideran gozar os máis pequenos.

Por suposto, Loita Tradicional Galega

Por suposto, Loita Tradicional Galega

E para rematar, o tradicional tiro da corda

E para rematar, o tradicional tiro da corda

E non viñemos de baleiro. Ademais da grande cantidade de experiencias positivas que tivo este día, e de volver a ver á xente vinculada co xogo e deporte tradicional, o noso compañeiro Miguel quedou campión no tiro da pucha e tamén levou premio no torneo de tirapedras. Noraboa!.

p1010975