Na malla de Castro de Rei

Unha das operacións máis tradicionais dentro dos traballos agrarios é sen dúbida a malla e todo o que leva asociado. O trigo era un dos cereais máis importantes para o labrego galego, sobre todo naquelas zonas nas que había máis cultura de trigo que de millo, e os labores asociados a el facíanse habitualmente de forma comunitaria. Xuntábase toda a aldea e realizábanse os traballos de forma cooperativa, un ía axudarlle aos veciños para que os veciños lle axudaran despois a el.
As tarefas asociadas ao trigo comezaban coa sega, onde se cortaba a planta, e remataban coa malla, na que se separaba o grao da palla. Esta podía facerse de moitas formas, dende bater o monllo contra un taboleiro ata, nos últimos tempos, co uso de máquinas malladoras que xa facían case todo o traballo.

No concello de Castro de Rei levan xa dez anos rememorando as tradicións asociadas ao trigo. Faise en varias semanas onde se van sucedendo os distintos labores, a sega, a meda (poñer o palleiro tamén se di noutros lugares de Galicia) e, por fin, a malla. É unha festa moi popular onde, ao igual que antigamente, a dureza da actividade se ve  compensada polo bo humor e a boa comida.

Este ano fomos invitados a facer unha demostración de Loita Galega, que tivo lugar este domingo pasado. Na mellor tradición loitadora, a parte de facer unha demostración máis técnica nun tapiz de loita, tamén se fixo unha exhibición enriba da palla e enriba do palleiro. Malia rascar un pouco, a palla amortece perfectamente as caídas, con razón era utilizada como zona de loita no pasado.

Non nos queda máis que agradecer que nos invitaran a esta festa, desexarlles que poidan continuar esta tradición tan nosa e dicirlles que pasamos un domingo fantástico na súa compaña.

Advertisements

3 Respostas

  1. Moi interesante a actividade!
    É moi positivo que se fagan este tipo de eventos para que a nosa cultura permaneza.
    Eu pertenzo a un colectivo que está a organizar eventos e gustaríanos contar con vós.
    Se vos interesa colaborar con nós enviádeme un correo.

    Un saúdo e ánimo

    • Moitas grazas polos ánimos!.
      Por suposto estaremos encantados de colaborar convosco no que sexa posible. Contestámosvos máis polo miúdo por correo electrónico.
      Un saúdo

      • Grazas a vós.
        Da gusto ver que se conservan tradicións de hai tantos anos. Agardamos o voso correo, xa vos enviei un con información ao correo acambadela@yahoo.es. Espero que non vos chegase a spam. O asunto pon Exhibición de loita tradicional.

        Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: