Diverdesa 2011

Un ano máis está aquí o Diverdesa 2011!!.
O sábado 16 e o domingo 17 ven a divertirte con nós á praia fluvial do río Liñares onde terá lugar o Diverdesa 2011 e a I Feira de Caza e Pesca.
O sábado 16, dentro das actividades do Diverdesa 2011, haberá talleres e demostracións deportivas, hinchables e festa da espuma, todo amenizado por grupos de música galega. Diverdesa: Gañemos saúde divertíndonos co deporte.
O domingo 17 continuamos do Diverdesa 2011 e ademais terá lugar a I Feira de Caza e Pesca. Haberá exhibicións de cans e material de pesca así coma degustación de xabarín.

Ven a pasalo ben á praia fluvial do río Liñares. Entrada de balde para todo o mundo. Organiza Sociedade Río Ulla e Club A Cambadela. Colabora Concellería de Deportes.

Benvidos ao blog da Cambadela

Ola a todos!

Benvidos ao blog do Club de Loitas Tradicionais A Cambadela. Nestas páxinas intentaremos ir mostrando en que consiste a nosa actividade principal, a Loita Tradicional Galega, e pretendemos que sexan un vehículo de interacción e comunicación entre tódalas persoas interesadas na Loita e, en xeral, na cultura tradicional galega.