Loita Tradicional Galega

Pero, que diaño é iso da Loita Tradicional Galega?.

En realidade, o nome de Loita Tradicional Galega non existíu como tal para referirse á forma de loitar que tiñan os nosos antergos. Dicíase con frecuencia ir a botar loitas, ou tamén ir a aloitar, ou chamábase nalgunhas zonas Tumba, ou Chimpa, ou Caiados, ou tantos outros nomes de uso máis ben local.

loitadores-recorte

Todos estes nomes facían referencia a unha actividade que se realizaba asociada a tarefas agrarias ou mariñeiras. Tradicionalmente eran frecuentes as xuntanzas de veciños tanto para realizar traballos do agro coma dunha forma festeira como medio de socialización. Era nestas xuntanzas cando surxía a loita, os mozos loitaban entre si, as mozas loitaban entre si, e incluso loitaban os mozos coas mozas. Todo se desenvolvía cun marcado carácter lúdico.

Por desgraza, posiblemente por un lado debido ao feito de que non era unha actividade regulamentada, e por outro lado ao cambio na sociedade e a un enfoque distinto das actividades do agro, a nosa forma de loitar foi esmorecendo e chegou a desaparecer.

Dende o club A Cambadela consideramos que sería unha mágoa esquecernos dunha actividade autóctona, que é parte do noso acervo cultural e ademáis con cumpridas diferencias con respecto a outras loitas de raizames similares. É por isto que pelexaremos para que a Loita Tradicional Galega, nome que aglutina ás diversas variantes e designacións desta actividade, resurxa das súas cinzas e poida chegar a ser un deporte vivo e, sobre todo, noso.

10 Respostas

  1. ola me gustaria saber si no se sabe nada mas k eso de la lucha gallega?gracia

    • Por suposto que se sabe moito máis. Hai anos fíxose recollida oral por grande parte de Galicia, a partires do que se recopilou moita información. Hai tamén referencias escritas en Rosalía, Emilia Pardo Bazán e outros. Nesta páxina só poñemos unha breve introdución á actividade.
      Do recollido temos información por exemplo sobre o lugar no que se desenvolvía a loita, as prohibicións, o contexto social no que se loitaba, algunhas mañas tradicionais, as distintas variantes segundo a zona de Galicia, etc.
      Aínda estamos recopilando material, así que calquera axuda é benvida.
      Saúdos

  2. Pois mira que nom temos loitado na minha escola!!!!
    Era o deporte de muitos “recreos”, ademais do futebol na canheira de estrume ou o guá.
    Oganizavamos a loita antes der saír e cada contrincante tinha uns seguidores. Ao chegar afora, a loitar.
    Isso sim. Nom havia muitas normas. Agarravamo-nos polos hombreirtos e conforme se ia quentando a cousa, valiam cabelos, patadas, e todo. Mentras tanto, os siareiros, quentando o ambiente con berros de alento e mesmo insultos. Eu sempre tinha a mesma contrincante.
    Ao rematar, todos amigos outra vez, comentando quem ganhou, quem fazia trampas…. Sempre era mulheres com mulheres e homens com homens e fazia-se para saber quem podia mais. Só por esse motivo.

    • Moi probablemente eran as últimas ascuas dunha actividade que foi moito máis frecuente anos atrás. Tradicionalmente a nosa información é que non se podían facer trampas (patadas, cabelos, beliscos,…), pero cando os nenos loitan seguro que o xenio fai que se mesture a tradición con outros intereses máis humanos.
      É moi interesante de todas maneiras o que comentas, estaría ben poder contextualizalo para ver como o podemos conectar coa recollida oral que temos feito.
      Por certo, moi interesante o teu blog!.

  3. Esu yia cumu’l Valtu de Oumanna, Bueza(El Bierzu) la Llomba nel País Llionés y nel Oeste Asturiano…lluéu tán los “aluches” del oriente llionés y Cantabria.
    Las hubu en Zamora (trinchas ou lluichas), Salamanca (cruces) y Estremaúra (brucha).

    Saludíos dende “O Bierzo”.

  4. Olá
    estou moi interesado em conhezer mais sobre a loita tradicional galega e também em practicala.
    Se poidesem indicar-me onde podo atopar mais informaçom no correio galego_91_kompos@hotmail.com
    e se conhezem onde podo tomar contacto com este desporto pola zona de corunha também o agradezo.
    muito obrigado.

    • En canto a coñecela, a principal referencia xa a atopaches posto que é esta páxina. Se necesitas información máis cumprida (referencias escritas, etc.) ponte en contacto con nós polo correo electrónico e enviámoscha.
      No tocante a practicala, de momento só hai clases de forma regular na Estrada. Hai tempo tivemos contactos co Concello da Coruña para ofertala dentro das escolas deportivas ou mediante un cursiño de formación pero de momento non se concretou en nada.
      Grazas a ti.
      Unha aperta.

  5. Olá gostaria de conhecer um mais sobre a luta mas agora em pratica, gostei muito da sua história e essencia. Vivo em Canido queria saber aonde tem classes por Ferrol dias e horarios.
    Muito obrigado

    • Pois de momento que nós saibamos non hai ninguén que imparta nesa zona. A referencia somos o Club A Cambadela da Estrada. Pero se estades interesados e hai xente suficiente quizais se poderia organizar un cursiño ou algo similar na zona.
      Un saúdo

  6. Moi interessante. Parabens po-lo trabalho de todos estes anos.

    Espero nos atopemos em Rivadavia para os jogos olímpicos populares.

    Loitará-se a domingo, mas se andades já por lá o sábado cecais poiderades dar um pequeno seminário com vistas a conhecer-mos um pouco a têcnica e as regras. Eu participarei, mas vai ser o meu primeiro contato coa loita galega e quereria sobre todo, evitar fazer manhas nao permitidas. Por isso vinha-me bem conhezer-vos antes de loitar. E se nao, também nao passa nada, quem disso medo!!
    😉

    De aqui à data entrenarei seguindo o manual de https://loitagalega.files.wordpress.com/2009/05/libro-tecnica-web.pdf .

    Sem mais que manifestar-vos a minha admiraçao e o meu interesse po-lo vosso trabalho, espero que nos atopemos moi pronto no círculo vivo. Recebide umha fraternal aperta.

    ghato

Deixa unha resposta a Alexandre Pérez Gómez Cancelar a resposta